viernes, 30 de mayo de 2008

O futuro do encaixe

Vender encaixe por internet creo que eso sería o futuro , porque hoxe en día xa se fai case todo por internet como sacar billetes de avión por internet . Tamén sería unha boa cousa facer deseños por ordenador .


Ata logo .
Pepe.

miércoles, 28 de mayo de 2008

Mostra do encaixe


A mostra do encaixe e mellor que se faga dúas veces ao ano .Para darlle máis salida ao encaixe por que solo se fai en semana santa se o tempo non axuda e faille muito á xente facer un no verán para darlle máis salida o encaixe.

martes, 27 de mayo de 2008

Porque esmoreceron as palilladas

As palilladas esmoreceron por varios motivos :
1º Moitas horas de traballo para os cartos que se gañaban .
2º Despois ven a emigración para sur america como por exemplo Buenos Aires cando che reclamaban porque senón marchabas de polizón . A continuacion chegou a emigración a Europa .
3º Hoxe en día cambiou a vida porque hai moitas cousas que antes non había .
Ata logo , Pepe.

viernes, 23 de mayo de 2008

As palilladas de Buría

Eu non sei palillar pero fáloche das escolas de denoite que había : A da piosa, a da romera e varias máis .
Eu ía ver os entroidos i eu tamén me disfrazaba .
Cando nos ía de entroido te vestías mesmo cuns cobertores ou sabas e pañoletas . Bueno , asi eran os disfraces .
Nesta foto están as rapazas palillando os primeiros piques e teñan a xefa vixiando .

jueves, 22 de mayo de 2008

Eu de rapaz e o palillo

Eu son pepe da cabreira e nacín no lugar da cabreira (Buría) en Camariñas .
De pequeno do que eu me acorde do contacto co encaixe :
Antigamente recordo da miña infancia na miña casa e en todas as de Buría e camariñas : Nais e fillas , todas palilleiras para poder comer. que en Camariñas algun día foi a única industria que habíe.
Recordo nas palilladas de de noite poñíanse todas sentadas no sobrado e a almofada apoiada nun banco longo pare aguantar as almofadas todas que estaban feitas de palla e as cornas de cañas do país por que na miña horta tiñamos as canas .
Tiñamos varios xogos pero había o do anillo (cada correaso na espalde ca correa ao que non asertaba onde estaba o anillo) e despois tamén había entroidos .

José Mouzo Tajes .